martes, 1 de marzo de 2011

POR UNHA PONTE DIGNA


Non descanso dende que fai poucos días vín a pasarela que nos colocaron no lugar da antiga Ponte. Sentinme engañado porque incumple todo o que me habían comentado sobre ela e porque non respeta as mínimas condicions de seguridade de utilización exixibles por normativa.

E imposible que esta pasarela poida ser utilizada por vehículos e persoas a vez, xa que non conta coas dimensions mínimas obligatorias para esa convivencia.

Como peatonal tampouco sirve sin replantearse completamente as barandas de protección, o ser éstas fráxiles, escalables polos nenos e non impedir que entre os  barrotes se poida colar xa non a cabeza dunha persoa, sinon todo o corpo.

Estéticamente, dito de forma suave, é desafortunada, demostrando que os autores da obra non tiveron a sensibilidade necesaria para o desenrolo deste traballo, sendo sen dúbida sobrepasados polas dificultades da obra. Penso que foron os mesmos que fixeron o murete de pedra da rúa do Eo, o que non deixa ver o río, co que está todo comentado.

A ponte de unión entre os dous espazos públicos máis importantes do Pobo e os sentimientos que representa históricamente exixían máis xenerosidade por parte de todolos implicados para resolver o problema que se xenerou o tirar a antigua Ponte, demolición que por outra parte, sempre me pareceu totalmente innecesaria e polo tanto un despilfarro.

Menuda obra representativa que queda para os organismos intervintes, menudo exemplo para o Ministerio de Medio Ambiente e para a Confederación Hidrográfica do Norte.

Pedimoslle o Concello que escoite e comparta a opinión maioritaria dos veciños, exixindo responsabilidades a quén no soupo tratar coa profesionalidade necesaria o proxecto que se lles planteaba, incumplindo a normativa en múltiples aspectos e enganando acerca da súa posible utilización. A vez precisase, o antes posible, buscar unha solución que subsane as deficiencias mencionadas e rectifique o engano o que someteron a todo o Pobo.

Non existe nin un so motivo polo que non deba de contar a ponte con amplias aceras, e un carril independente para o paso de vehículos lixeiros pola ponte, sendo as ventaxas enormes.

A todos aqueles que pensan que non pasa nada porque a ponte sexa peatonal, preguntaríalles, ¿existe algún inconvinte en que a ponte teña un vial exclusivo para coches?. Para pasarelas peatonais xa temos bastantes sin que ningunha cubra completamente a necesidade vital de unión; utilizámolas como atallos, pero de forma moi limitada.

Organízannos o Pobo aqueles señores que pasaron por aquí unhas poucas veces, sen pararse apenas, e sen os análisis necesarios para resolver convintemente o problema que se planteaba, e ainda por enriba, dícennos que en pouco tempo olvidaremos a ponte que mellor representaba a orixe e cuna do Pobo.

Non comparto ese pensamento en absoluto, e creo que xa non en 10, nin en 20 anos máis, senon que sempre nos acordaremos do corte que se produxo a partires de este momento: O comercio posiblemente se dividirá en dous, xerando pequenas rivalidades entre os dous barrios; discutiremos si o xeriátrico quizás esta mellor en este lado, o centro de día tamén en éste, etc.


BUSQUEMOS SOLUCIONS E INTENTEMOS REMEDIALO,

Como creo que os enxeñeiros da obra posiblemente se seguirán negando a plantear alternativas, dende aquí, a partir da situación actual, apunto unha solución sinxela e relativamente económica.

Fácilmente poderían añadirse unhas aceras a ambos lados da pasarela actual, con barandas autoportantes e seguras, que deixasen a pasarela actual como paso central exclusivo para os vehículos:

•    Con aceras de 1'50 metros de anchura o orzamento de execución material aproximaríase aos 100.000 €  para cada acera. (A normativa impide anchuras menores, pese a que como podemos comprobar en distintos puntos da obra, incúmplese esta medida reiteradamente).
•    Con aceras de 2'50 metros o coste de execución de cada acera rondaría os 125.000 €.

Este coste apenas representa o 5 % do presuposto do Proxecto.

Non é a miña pretension recibir ningún encargo, estando disposto a expoñer e facilitar as bases esquemáticas que me permiten chegar aos datos elementais antes aportados, en caso de que se consideren interesantes.

Pedimos e desexamos que o Alcalde se sume a maioría, e con él, explicando a importancia e necesidade da obra para o Pobo poderemos ser capaces de que os organismos competentes se poñan tamén do noso lado, dos dous lados, da PONTENOVA en definitiva.


Jesús Bouza Fernández

 La Voz de Galicia

56 comentarios:

Anonymous dijo...

E por que estás tan seguro de que sodes unha maioría?? A xente fala e fala, pero os que non din nada tamén terán unha opinión. Que aquí, penso eu, non solo conta a dos que máis barullan.

Anonymous dijo...

VEÑA XA UN REFERENDUN PO PUENTE E LISTO

Anonymous dijo...

Hola Jesús,
Enviaches esta proposta ao Concello? porque o normal é que ademais de que poidamos vela o resto dos veciños,a proposta se faga por medio dun soporte máis serio e que a vexa o Alcalde. E dubido que Darío consulte esta web....
Gracias, un saúdo.

Anonymous dijo...

A min, personalmente, gustaríame que quedase peatonal pois xa temos unha ponte nova para vehículos pero unha vez que decidirón que sexa tanto para peatons como para vehículos lixeiros gustaríame que quedase en condicións e con unha mínima seguridade, quería felicitar a esta persoa que ainda que non teño o gusto de coñecela pareceme moi loable a sua opinión e a sua aportación de unha posible solución.

Anonymous dijo...

Hola!eu estou de acordo en que a pasarela ten unhas barandas que se deberian mellorar pero non estou de acordo en que circulen coches por ela,penso que e suficiente a outra ponte,tanto da ter que dar a volta un pouco mais aló;e que me decides da señalización que puñeron ali abaixo do Sarredo?é indignante,da "noxo",a carretera principal sempre foi a que sigue hacia Vilaodrid e non aqueles 200m.que pasan ahora por detras da casa que so sirven pa 4 que veñen de hacia Taramundi..moita comedia,que vos parece?

Anonymous dijo...

La solución de los voladizos laterales de aceras para peatones se debería haber hecho con el viejo puente y así se habrian ahorrado una buena cantidad de dinero, discusiones y tiempo perdido. Están ejecutando la obra, tal y como fue proyectada de inicio. Nadie puede creer que por las quejas de unos pocos vayan a cambier un proyecto muy costoso. La empresa hace lo que le mandan, lo que contrató en un principio.

Anonymous dijo...

Tíñamos unha ponte e puxéronnos uha pasarela. Esto e o que se chama ir pa diante!!

Anonymous dijo...

a idea e boa si fose pa otro lado pero ese e o, puente principal.
si nun se fai un bo puente ahi todo nada.
a pasarela esa pillala e poñela no sitio da da piscina ou da outra que logo pudren e listo,ou deixala ali e facer un puente desde a cubana o fondo da feira

unha veciña un pouco cabreada dijo...

a min pareceme moi ben o que propon jesus. porque xa de tirada a outra por lomenos que nos fagan al como e devido porque esta da pena.deverian poñela para as duas cousas porque senon queda o pobo dividido en dos e ademais os poucos turistas que pasan e paran para ver os fornos non van saber que teñen que coller pola nova ponte para velos e aparcar.xa temos pouca vida neste pobo para ainda estragalo pouco que queda.

Anonymous dijo...

O de que veñen 4 de hacia Taramundi dicelo ti....en fin.

Anonymous dijo...

Hola Jesús, estou de acordo contigo, espero que o alcalde escoite o pobo, porque a maioría das persoas coas que eu falei tamén pensan o mesmo,a "pasarela" e ridícula, pasamos de ter o símbolo de Pontenova, un puente que non había ríada que o levara, a un columpio que non todo mundo se vai subir a él, varias persoas balanceandose encima, fanlle bailar.
Eu pregunto, ¿donde ta a crisis?, porque a cantidad de euros que se tan gastando podían ir pa un montón de sitios con muchísima mais falta.
E pa rematar a ponte nova logo a empezar a dar disgustos, o cruce no medio da general

Anonymous dijo...

todos os que viven da parte do cuartel mas os pueblos da parroquia conforto y etc pa ir o poligono centro medico y etc. cada viaxe supoilles kilometro e medio mais si se multiplica por xente que vai 2 veces eso suma mas que o que se aforra indo na autovia a 110.e eses nun son 4 que vein de hacia taramundi que son bastantes mais.imos mellorando a peor

Anonymous dijo...

"A carro arroullado todas son carrieiras", en fin ...

Anonymous dijo...

Ó igual que nunhas eleccións, que a maioría gánase con quen dá votos, nunha polémica verbal, gánase con quen dá voz. Os que nada din, son como os que non votan, nesta discusión, evidentemente non contan, e senón, que se mollen coma todos. O que queira truitas, que molle o cú! E nunca mellor dito.

PONTENOVA.ES dijo...

Movemos a este hilo el comentario que llegó a traves de sugerencias, contacta, y que dice así.

Nombre: ANONIMO
Correo:
Asunto: Pasarela sobre o EO na Pontenova Hola a todos.

Mensaje: Hola a todos: A Pasarela por chamarlle algo da vergonza , ten toda a razon BOUZA , pero as pretestas tiñan que ser o seu debido tempo , si ven e verda que o proyecto xa non nos deixaban velo e solo nos decian que a expropiacion pagariase a 12 Euros m2 (palabras do Secretario) e non fixeron nin siquiera unha reunion pra decir como seria a obra, despistaronnos con unha charla ( que creo que naide lle entendeu nada ) dun Sr. que dixeron era Abogado de Ourense pra decirnos ou asi o entendin eu que non pediramos moito pola expropiacion que sinon dariannos menos , (pois solo nos deron o obligatorio pra poder ocupar os terrenos ), a outra xuntanza que se fixo dias antes de empezar as obras non serviu de nada , mais que certas personas dixeron que polovisto a Pasarela non podria ca xente que podia coller nela ahora xa vandea con solo! pasar unha persoa , si na reunion se dixo que collian 360 personas e pesarian 26.000 kilos ahora vese que collen 476 que serian 33.000 kilos ¿ CAERÁ TODO O RIO ENCIMA DO PILAR BELLO QUE TANTO ESTORBAVA ? OCUPA A PROTECCION DAS COLUNNAS DO CONCELLO 5 VECES MAIS CO PILAR DA PONTE Señores non temos sentido nin quen nos defenda os intereses , A PONTENOVA , ( non chamandolle asi a pasarela ) A PONTENOVA DE VERDA ta dando de cu como lle pasara a dichosa obra incluida a pasarela , o que dice nos comentarios que a obra se fixo como esta no proyecto non sabe nada que o colla en Internet e si entende algo o compare ca obra que fixeron e do puente dos cameos vamos calar.......

Anonymous dijo...

Pois a min gústame a pasarela como queda, e teria que quedar solo peatonal.

Anonymous dijo...

Non entendo nada do comentario anterior, creo que cuns cantos ; , . e algo de corrección ortográfica igual se me aclararía algunha idea.

Un saúdo!

Anonymous dijo...

Ademais de felicitar o arquitecto BOUZA pola sua aportacion e opinion sobre a pasarela,decir tamen q se nn quedan unhas aceras coas medidas minimas esixidas por seguridade e acecsibilidade para minusvalidos,carriños d nenos e q se poidan cruzar as persoas sin baixar o carril d coches eu penso denunciar donde sexa necerario,o q penso q debemos facer todos pois para eso temos unha lexislacion.

Anonymous dijo...

Fala noiro,non cales.

Anonymous dijo...

Apasarela poden tirala, hoy tan muy orgullosos pero logo ha haber disgustos, muita presuncion e logo non falan con naide pero as cousas cambian,e falta fai.

Anonymous dijo...

Este lío moito me recorda unha película:"El hombre que subió a una colina y bajo de una montaña".
Dado que (polo menos nesta páxina) existe un novo tipo de complexo (necesidade de vivir o lado dunha ponte, non dunha pasarela) eu propoño cambear de sitio o pobo e volver a edificalo onde está ahora a ponte.
Asi, arrimadiños a nova ponte poderemos ser felices de novo!!!!!!

Un burro..listo dijo...

Esto e a chapuza mais grande que se fixo na Pontenova en moitos anos,despois do mal diseño e construcción de toda a obra en xeral,porque aqui parece que gañan cartos facendo e desfacendo e ainda por riba van e chantan uns STOP onde non deben para haber se a algún nos fan unha receta sen ir o médico..Señor alcalde e concelleiros;por favor fagan algo e loiten polo ben do pobo...que para eso cobran..e non pouco..

PONTENOVA.ES dijo...

Falar? para qué? Si o concello non lle importa nada a opinión miña nin a do pobo, e a hidrograficas menos. Eu estiven a falar onte con Moncho (encargado desta obra), por mais de 20 minutos, e pedinlle tres cousas que vexo imprescindibles, entre elas levantar a beirarúa que vai por debaixo da estrada dende fotocela ó pozo. Por ali colase a auga, e hai que levantala 30 cm.
Mira, dicelo de coña e por tirarme da lingua, para eso mesmo me chamastes o sabado, pero se tiveras que pasar a ponte sesenta veces como fixen eu hoxe, dariaste conta de que fai falla outra diante de onde estaba a bascula, porque veño continuamente de Conforto, Hevelle, Saldoiriña, Pacios, Boulloso etc.. para o centro medico, e agora parece que para ir o Sarredo teño que dar a volta por debaixo da casa do Catalino, subir de cara o almacen de Miranda, e baixar de novo hacia os fornos. Seguramente o alcalde ainda non sepa nada desto, porque non se entera, nin se quere enterar, supoño eu, porque el si pasa por ahí.
a xente que dicides que a ponte sexa peatonal, respeto totalmente a vosa opinión, pero entendede que non a comparta, o dia que menos cruzo esa ponte son mais de 15, polo tanto, a min gustariame que fose de dobre sentido.
Un saudo, e noraboa a Xesus por dar un paso adiante nun tema de vital importancia para o noso concello.
Javier acebras.

Anonymous dijo...

LO MEJOR SERÍA UN PUENTE CON CIRCULACIÓN EN AMBOS SENTIDOS Y AMPLIAS ACERAS, PERO SIENDO REALISTAS SI CONSEGUIMOS UNAS ACERAS AÑADIDAS DECENTES SERÍA UN LOGRO.

Anonymous dijo...

Pregúntome eu cantos estaremos a favor dunha ponte amplia. Non podedes facer públicos os datos da encuesta que estades a facer sobre a ponte.

Anonymous dijo...

Eu tamén penso que o enlace da ponte coa nacional e bastante perigoso. Xa veremos.

Anonymous dijo...

Porfavor, pero tamos tolos ou qué?
Que indo en coche é MENOS DUN MINUTO o tempo que nos leva pasar pola nova ponte. E ademáis, no coche ímos sentadiños, tan só e cousa de pisar o acelerador un minutiño máis, por Dios bendito.. é que parece que MORREDES por tal sacrificio!!

En canto ó comentario de que se gasta máis combustible que indo a 110km/h... non é por faltar, pero fállanche as matemáticas amigo/a.

Un saúdo.

Anonymous dijo...

Cientificamente, liches os comentarios da entrada do Lilo. Está máis abaixo.
É de agradecer que menciones a "todos os implicados" con todo o que iso significa para que non nos enganen máis eses do concello que ben coñecemos.
O que contas é o que máis agradecemos. É que se alguén opina, xa sae o listo dicindo que "cantos enxeñeiros e arquitectos se perderon na Ponte". Cousas.

VECIÑA ALUCINADA dijo...

Bueno,con todo o respeto a os comentarios aqui expostos,creo que se nos esta indo moito o tema que aqui se empezou a tratar;a pasarela xa esta posta e do que se trata e de que quede o mais segura e comoda posible,e de eso falaba Bouza,por que ahora nn van traer unha ponte nova;eso de dous sentidos a que ven ahora?ou nn vedes que ainda nn ten sitio pra un con duas aceras,as criticas deberian ser constructivas,como fixo este señor,aportando ideas reales e nn entrando endisputas politicas,tratase de luitar por mellorar o povo,e deberiamos apoyar este tipo de iniciativas,eu dende logo sumome a ela.O que ta claro e quese a pasarela non cumple as normtivas de seguridade e accesibilidade que estan en vigor,temolo facil,denunciar a obra,chamar os periodicos,a tele,en unha palabra,facerse oir e esixir que se cumpla a lei,tamen a nos nola fan cumplir se montamos un negocio(por exemplo).Eu confio que o povo se faga oir e nn fale so nos bares,etc.E con respecto a os comentarios do cruce novo,eu vexo mais seguro e ben señalizado co que tiñamos,que por certo tamen salia a estrada xeral(e que me fixo gracia o comentario q decia q o via perigoso por que salia a general)e moito mais perigoso o de santa Apolonia,por exemplo,tampouco vamos ahora a criticar a obra por que si,(e por que e o noso deporte favorito)que barbaridades no povo levanse facendo dende sempre,asi o temos!!!!!!!!!!!!!

Anonymous dijo...

Polo menos xa temos unha proposta, cousa que xente de aquí do foro pedía, ahora hai que presentala o concello haber si nos queren escoitar.

Anonymous dijo...

http://www20.gencat.cat/docs/Joventut/Documents/Arxiu/Lleure/Document_basic_utilitzacio.pdf

punto 3.2.3

aunque no es de obligatorio cumplimiento en nuestro caso, seria abastante recomendable que si cumpliese esas caracteristicas

Anonymous dijo...

E a pasarela cando se proba?? o día da queima dos fornos? é mellor que se coloquen nela os turistas porque senón igual nos quedamos sin media pontenova

Anonymous dijo...

eu penso que nun se deben gastar cartos en colgarlle unas angarellas a ese burro vello.o pais ta cheo de paro e puentes como ese fainse miles nas autovias nun vexo por que nun se pode facer ahi un bo puente eso daria tamen empleo.parece que nos da vergonza pedilo.

Anonymous dijo...

Eu quero alabar a Jesus Bouza, e tamen a pontenova.es. Este señor non entra en politica, so quere a mellora do seu pobo. A pasarela xa esta ahi, e moi loable pola sua parte, cando nos falta pouco para que entreguen a obra, que avise do que nos podemos atopar. Xa que o alcalde no dice nada, e pasa de todo, menos mal que alguen fala.

RAS dijo...

A proposta de Bouza é moi boa, a pasarela ten que ser moito máis ancha; Pero sigo pensando, que tería que ser soamente para o paso de peóns.

Anonymous dijo...

PASARELA NON, PUENTE SI

ybor dijo...

Yo quiero proponer que la gente que estemos en desacuerdo con la nueva pasarela, nos neguemos a pasar por ella.

Anonymous dijo...

Eu tamén desexo manifestar a miña opinión e solaridade referente a proposta que fixo o Sr. Bouza. Sin pretender ser exhaustivo, paréceme moi acertada, necesaria e oportuna. Creo que somos moitos os que o vemos así, por algo será. Penso que as "forzas vivas" do pobo deberían xestionar onde e ante quen proceda, para que a nova ponte-pasarela sexa un mal menor. Deberían liderar esa demanda o antes posible, que co tempo agradeceremos todos. Pois, efectivamente ¿existe algún inconvinte en que a ponte teña un vial tamén para coches?
Xa os romanos construían as pontes de dobre sentido, que ainda usamos hoxe.

PONTENOVA.ES dijo...

Movemos a este hilo el comentario que llegó a traves de sugerencias, contacta, y que dice así.

Nombre: ANÓNIMO


Mensaje:
Me dirijo a un anónimo que hace un comentario a la opinión de un señor/ra que tiene faltas de ortografía .
Aquí se trata de opinar sobre una obra que está hecha con dinero público . No es una clase de gramática y menos de ortografía . Si es tan culto , tendría que pedir disculpas a la persona que , posiblemente , no tuvo la suerte de asistir a tantas horas de clase como él .

Anonymous dijo...

pues haber de que lado te quedas Ybor,porque si es peligroso el cruce y no cruzas este.... como estamos vaya, asquerosa politica

Anonymous dijo...

BOUZA, DE QUE TE EXTRAÑAS DE ESTOS SOCIOSLISTOS. TOU DE ACORDO CONTIGO, SIGUE ADIANTE.
SE NON O QUE PODEMOS FACER E POÑERLLE POLVORA E VOLAR TODO POSTO QUE E O QUE MERECEN, PARA QUE TOCARIAN NADA.... E MELLOR SALIR TODOS A CALLE ........


DESPIDESE O ANONIMO MAIS BRUTO

Anonymous dijo...

E donde tará metido o Alcalde?
Como son estos políticos que temos; nunca piden desculpas e nunca reconocen erros. Defenden por enrriba de todo o partido antes co Povo que os elexiu.
Pois por mín que se quede co partido.
Que informes irá a pedir?

Anonymous dijo...

si se vendesen ben os caciques poñia unha granxa na pontenova que debe ser o clima danse que mete medo crianse en 2 dias

Anonymous dijo...

O alcalde tá pedindo eses informes que ía encargar a non sei que técnicos. Que p. manía de que nunca valga a opinión dos veciños.

Pero miro, e os do PP e os do BNG tampouco se ven.

Creo eu que tan a punto de sumarse todos. Non lles queda outra.

Anonymous dijo...

¡OK, Jesús!
Unha pregunta, por se queres respostar. ¿Resultaba absolutmanete necesario derribar a ponte nova? Refírome á ponte que todos coñecíamos. Agradecería unha resposta sinceira. Agora eso sí, non estás en absoluto obirgado a respostar. Abondo fixeches. Gracias, Jesús Bouza.

Lanndy dijo...

Eu estou de acordo en que a pasarela é insegura sobre todo pa nenos,xa que ten unhas barandas que teñen moito que desexar,pero penso que e suficiente con que sexa peatonal,para ir en coche xa nos fixeron a outra ponte e eu penso que indo en coche ,por moitas veces que teñas que pasar,pois tanto ten facer uns metros mais..como vas sentado..e non creo como din algúns que esta pasarela supoña separar o pobo en dous...

Anonymous dijo...

Non te preocupes Xexús que na vindeira queima dos fornos, estoupará todo e voltarán a facela, se antes no ocurre unha desgraza e perdemos algún meniño...O que a diseñou deberonlle dar o título nunha tómbola, pero non quedará asi porque o que fan hoxe, desfano mañá.

Anonymous dijo...

La propuesta política de un futuro Alcalde será sustituir la actual pasarela patonal por otro "PUENTE NUEVO" para circulación de petones y vehículos en los dos sentidos. Ya lo vereis los más jóvenes...

jorge gomez rico dijo...

Hoxe en dia, calquera quequeira abrir un negocio, facer unha casa, oucalquera obra do tipo que sexa, ten que gardar unhas normas e cumprir unhas leis. En un negocio por exemplo o ancho das portas ten que ser apto para que colla unha sela de rodas; si hai escaleiras, as barandas teñen que ser seguras( as veces incluso de un xeito excesivo), con todo o gasto extra que iso supon para o propietario( gasto e tempo de execucion). Bueno, pois todo isto se ve que non atingue os que mandan; a eses organismos que non acostuman a explicar as obras que fan( tan so o fan por deferencia o sr. alcalde; como si o seu soldo non o pagaramos entre todos nos).Eu non son arqitecto nin inxenieiro, pero no concello hai un que tamen pagamos entre todos e de momento non se pronunciou; como digo non son experto, pero si esta obra sigue para adiante tal e como esta, sentireime discriminado e moi cabreado, e dende logo vou facer todo o que este na miña man para que A Pontenova teña unha ponte como se merece e non esta chapuza.

Plenario dijo...

Noraboa pola túa proposta Xesús, o que ti pensas, compartímolo moitos veciños. Cada día que paso por diante dese " monumento " que nos están a colocar me recordo da reunión que varias asociacións tivemos no concello co Sr. Darío Campos, José Manuel Alvarez, Francisco Martinez e Ramón Barrera, íamos coa UNICA INTENCION DE INFORMARNOS de boca do alcalde e o seu equipo de como ía quedar a obra definitivamente, sen ánimo ningún de protesta, e a resposta por parte do alcalde e os seus ediles foi centrarse en atacarme a mín directamente con descalificacións, acusándome de xerar malestar social e mentirlles ós veciños, que non había tal preocupación entre as xentes do pobo como eu lle tentaba explicar, atacaronme políticamente todo canto quixeron aquel día e logo publicamente na prensa, cando eu dixen dende o principio da reunión que estaba alí como o resto de representantes das distintas asociacións, como presidente de tres colectivos e non como CONCELLEIRO, algo que a diferencia deles si sei separar. Non respondín nin a unha soa das súas probocacións políticas, sentínme humillado e insultado e inda así tendínlle a man como veciño e presidente de varios colectivos para ir a visitar, protestar ou facer calquer medida que o concello consideráse oportuna ante calquera institución implicada no proxecto. O Sr. alcalde contestóume que él non ía a ningúnha parte. Penso que a día de hoxe o Sr. Darío Campos e o seu equipo non deben estar moi contentos da súa maneira de levar o proceso de esta obra, DEBERIAN TER OS VECIÑOS MOITO MAIS INFORMADOS SEÑORES,. Cando arreglaron a praza dos fornos invitáronnos ás asociacións a unha reunión alí mesmo, e o tema principal daquela reunión era elixir a cor das pedras e baldosas que ían quedar no sitio das prazas de aparcamento, PORQUE NON SE NOS CITOU E INFORMOU A TEMPO SOBRE O QUE ESTABA A PASAR CON ESTA OBRA??? Nós igual nos deberiamos ter movido antes, pero esa obriga é súa como máximo mandatario e responsable do noso concello e non das asociacións que tanto traballo facemos nel, RECORDE, SR. ALCALDE, QUE AS COUSAS NON AS VEÑEN TRAER A CASA, HAI QUE PETAR AS PORTAS E PELEXAR E PRESIONAR A MOITA XENTE. OS RESPONSABLES DESTA OBRA SON TODOS DA SUA COR POLITICA, TIVOO MOI FACIL NO SEU MOMENTO, PERO O QUE NON CHORA NON MAMA E ..........ENCIMA DINOS OS VECIÑOS NA PRENSA QUE NON DEAMOS MAIS A LATA CON ESTE ASUNTO.

Jesús Bouza dijo...

Permanezo dende o primeiro día moi atento os vosos comentarios, agradecendos sinceramente.
Para mín tirala Ponte sempre foi un erro e un gran despilfarro. Dixerono moitos, eu entreles, en canto se escomenzou a dar crédito o que nos contaban.
Pero o importante non é o que eu pense senon o sumatorio de pensamentos dos afectados por unha obra. Esta claro que non pode ser a gusto de todos, pero ten que ser o gusto da maioría.
Os técnicos estamos para escoitar e propoñer, para dar respostas argumentadas, para axudar a dicidir, pero nunca para impoñer solucións, como parece que foi aquí o caso, por incrible que pareza.
Pero nunha obra pública a elección final debería de corresponderlles os nosos representantes nas institucións, que deberían tomar decísións despois de pisar a rúa e buscar o contacto diario cos cidadáns.

Esta claro que en este caso non foi así e pode que todos teñamos parte de culpa (mal repartida porque a de algunhos e moito maior), pero sería imperdoable que nos quedásemos con algo que non sirve a casi ninguén e que non intentemos que a Confederación rectifique o maltrato que tivo dende o primeiro día co Pueblo.

Chass dijo...

"Está claro que (...)". Así comeza o comentario que intentas insertar. Para facelo, convidámoste identificarte correctamente posto que falas de terceiras persoas. Moitas gracias por participar.

Chass dijo...

"El proyecto presentado es el único (...)". Así comeza o comentario que intentas insertar. Para facelo, convidámoste identificarte correctamente posto que falas de terceiras persoas. Moitas gracias por participar.

Anonymous dijo...

Claro que habría que preguntarse si los dirigentes politicos fueron capaces de apreciar, a la vista del proyecto de encauzamiento del río, todos los detalles del mismo, si elimaba el viejo puente, si el nuevo tenia que ir el sitio que lo han puesto y no 300 metros más arriba para que hubiese más espacio para hacer un buen enlace con la carretera N-640... infinidad de detalles que ni saben ni se dejan asesorar por personas y técnicos profesionales.
Solamente ven las consecuencias a escala natural, cuando el mal está hecho y no tiene solución. No han sabido ni "leer los planos". Todo parche a posteriori será una mala solución.
El pretexto de que pilar central del viejo puente era un peligro para las posibles inundaciones, no hay nada más que tirar de estadísticas, ¿cuántas inundaciones se han producido en la vida del puente?. Hace años todavía podía justificarse que las riadas arrastraban troncos de árboles y se podía producir un tapón, pero ahora que ya no permiten ni cortar los árboles, no existe esa posibilidad. En fín, me temo que el asunto del puente-pasarela tiene mala solución y a "río revuelto...", opiniones para todos los gustos. Saludos de "un galego por el mundo...".

UNHA VECIÑA ENFADADA dijo...

ESTOU TOTALMENTE DE ACORDO EN TODO O QUE DICE PLENARIO...BEN FALADO..

PONTENOVA.ES dijo...

Comentario anonimo recibido en suxerencias, contacta:

Lo que dice el Sr. Bouza lo veo muy correcto pero, de no ser así déjenlo peatonal que los turismos luego hacen el recorrido y nosotros pasaremos más fácil el puente y podemos parar ver la obra que da gusto verla.
No soy de A Pontenova pero no entiendo tanta polémica.

Publicar un comentario