viernes, 8 de febrero de 2013

ACTIVIDADES ENTROIDO CEIP PLURILINGÜE DE A PONTENOVA (PRIMEIRO)

No día de hoxe no CEIP Plurilingüe de A Pontenova celebramos o Entroido durante toda a xornada. Así e dentro do proxecto MENS SANA IN CORPORE SANO comezamos o día cun ALMORZO SAUDABLE, no que todos o alumnado do colexio almorzou no comedor do colexio, dous nenos de 6º explicáronlle aos outros en que consistía un almorzo saudable, explicación que se cumprimentou coa proxección de dous videos. A continuación e despois dun almorzo saudable, tocou a hora do deporte, e a Asociación Castelarco de Alfoz explicounos o segredo do Tiro con Arco, fíxnos unha exhibición e o alumnado e profesorado tamén probou esta modalidade deportiva. Xa despois de comer tuvemos a festa do Entroido tamén con disfraces por ciclos e baixo a citada temática de MENS SANA IN CORPORE SANO. Rematamos a xornada coa queima dos Mecos e cunha merenda na que non faltaron os batidos e as filloas.



Mas fotos>>










0 comentarios:

Publicar un comentario