martes, 16 de agosto de 2011

Feira de Artesania de A Pontenova. Declaracións de Jose Manuel Piñeiro




Despois de catro anos  vindose celebrando a Feira de
Artesania de A Pontenova,a que teria que ser V edicion non se poido
celebrar entre outros motivos , porque non se logrou por parte das 
Asociacions organizadoras xuntar o orzamento  necesario para costear os
gastos que supon a celebracion dun Evento deste tipo.Preguntados os
responsables  politicos nos pasados dias polos compañeiros da prensa
escrita acerca da suspension da Feira, cada un daba a sua opinion e
trataba de xustificarse o mais elegantemente posible sobre esta
situacion.Pero o que realmente nos chegaron a sorprender,foron as
valoracions de Dario Campos ,alcalde de A Pontenova que ademais en algun
momento chegou a referirse a miña persoa.

Seria importante
recordarlle o Alcalde,que esta Feira que en mais de unha ocasion foi
considerada por El, como unha actividade de gran importancia para o
Concello,unha das primeiras decisions politicas que tomou
como responsable municipal aló polo 2007 foi reducir a aportacion
municipal para este Evento a cuarta parte do que tiña comprometido o
anterior goberno municipal ,para a celebracion do mesmo.Sabedor e o
Alcalde de A Pontenova,que este Evento sin a axuda de outras
Institucions e imposible levala a cabo,e a proba temo-la este ano ,que
so habia a axuda do Concello e non se poido celebrar ,semellando
o  prioritario  ser en moitas ocasions, quen aparecia na
presentacion-inauguracion  do Evento, ou que logotipo aparecia no cartel
por diante dos demais.Sabe o Alcalde  ademais que o ano pasado, por
unha mais que discutida decision ,  negousenos desde o
Concello un informe no que se recollera o apoio municipal para a III
Feira de Artesania e poder asi a Asociacion de Artesans  xustificar os
gastos realizados ante as institucions que subvencionaban o
Evento.Debido a esta negativa ,perdemos cerca de 2000€uros dunha axuda
da Xunta de Galicia.Creemos ademais que o feito de facer evolucionar a
Feira a nivel  de participantes e visitantes o longo das diferentes
edicions e proba dun traballo,que moi poucas veces foi valorado e moitas
criticado desde os representantes municipales.

Sigue leyendo....

Jose Manuel Piñeiro Rodriguez

Presidente Asociacion de Artesanos de A Pontenova

Presidente  CD Rececende-Superti A Pontenova




Con estas
circunstancias e outra serie delas que non procede enumeralas neste
momento ,creo que o Alcalde a hora de referirse e Feira de Artesania de A
Pontenova  e os seus organizadores,teria que facelo con
prudencia,agradecimiento e respeto.Quizas o noso "erro"foi explicarlle a
Dario campos que o problema principal para a organizacion deste
Evento, radicaba en que non se conseguia xuntar o diñeiro suficiente
para sufragar os gastos ocasionados por esta V Feira,que teria que
haberse celebrado estes dias, advertindo ademais do problema que se viña
arrastrando en edicions anteriores por determinados proveedores que non
aceptaban que o pagador dos gastos da Feira fora o Concello.

Creo
que a afirmacion por parte de Dario Campos que aparecia nun medio
escrito nos dias pasados decindo que as contas da Feira de Artesania
(sobreentendose a IV edicion) que estaban saldadas,non deixa de ser un
atrevemento e o mesmo tempo unha frivolidade pola sua parte.Creo que
deberia repasar a contabilidade do ano 2010  do Concello de A Pontenova e
mirar  como estan as debedas do Mesmo ,referente a  IV Feira de
Artesania  e despois volver a rectificar as declaracions feitas.O que si
lle podo asegurar, e que os gastos que a Asociacions de Artesans que
presido tiña pendentes de  desta edicion da Feira a septembro do ano
2010 estaban liquidados, entre outras cousas  porque  desde as
Institucions non esixen o seu pagamento para poder acceder o cobro das
axudas,e creo que vostede cando volva a repasar as contas non vai poder
decir o mesmo.

Non creo que sexa eu quen ,para decirlle a Dario
Campos "... como facer as contas...", tal como se refire a miña persoa
na prensa escrita,pero si lle serve o meu consello ahi vai. 2 euros
ingresados - 1 euro gastado, resultado 1 euro de beneficio...

a
partir de ahi o beneficio gasteo vostede no que queira....Tampouco creo
que sexa tan dificil Alcalde...Importante gastar algo menos do  que se
produce,nunca o que non se  ten...Creo que o erro de algunha Institucion
como a que vostede preside e a de gastar por encima das suas
posiblidades,sendo o problema que Vostede e outros responsables
municipales a diferencia dos responsables das Asociacions xogan co
diñeiro de todos sin ter que xestionar o  seu propio.Seguramente si
seguiramos o seu consello, a V Feira de Artesania poderia celebrarse sin
preocuparnos de quen se responsabilizara das debedas pendentes.E asi
durante canto tempo...?.Si analizamos a situacion real, e o Concello de A
Pontenova non esta en condicions de apoyar economicamente este Evento e
as demais Institucions tampouco prestan a sua axuda,non será ningun
drama que desapareza esta Feira,e mais, antes de seguir endebedandose
con gastos referentes a esta actividade creo que seria mais prudente
analizar os gastos superfluos da Entidade local e si este Evento ten
que ser excluido, por responsabilidade,nos o aceptariamos.Eso
si,conxuntamente con outros gastos non necesarios que absorve o
Concello e outras institucions.
 Creo ,e ahi si que vostede tivo a parte de culpa que lle
corresponde,que haberia que haberlle solicitado a Deputacion de Lugo a
sua colaboracion para este Evento, logo que os responsables deciciran si
nos prestaban esa axuda.Mentras vostede non tuvo tempo para esa
xuntanza,nin considerou o momento para facela por, sabera vostede que
motivos, outros, buscaron o seu momento, e para un Evento que se esta a
celebrar este fin de semana lograron 20000€uros de axuda do Ente
Provincial.Felicidades pola sua xestion.

Non queria  rematar estas
lineas sin recordarlle que entendo que hai que adaptarse as
circunstancias actuales e tamen a coiuntura economica do momento,pero
¿parecelle que esta vostede lexitimado para facernos este plantexamento a
calquera veciño de a Pontenova co lastre que supon para as finanzas do
Concello o seu soldo...?.Unha cosa e predicar e outra diferente e dar
trigo...

Quero tamen agradecerlle a  axuda economica que este ano
tiña pensado aportar para a V Feira de Artesania,e aproveitar para
recordarlle que ese diñeiro que temos pendente de recibir pode
vostede liquidar a debeda, coa cantidade que este ano vai aforrar o
Concello coa V Feira de Artesania....Todos sairiamos gañando.



VOLVER A PONTENOVA.ES

0 comentarios:

Publicar un comentario