| Francisco Martínez. ama |
A localidade pontenovesa agarda volver recibir, entre o día 6 e o 9 de decembro, ás preto de 8.000 persoas que se achegaron o ano pasado á Feira de Artesanía e Antigüidades, que este ano volven organizar o Concello e o Instituto Lucense de Desenvolvemento Económico e Social (Inludes).
A cita de decembro será xa a sexta que se fai deste evento, que se orixinou na Pontenova por ser este un municipio de grande tradición artesanal, principalmente na fabricación de mobles de madeira.
0 comentarios:
Publicar un comentario