miércoles, 2 de febrero de 2011

A onda de roubos esténdese á Pontenova co atraco a un bar

Isabel García / Lupe F. Bouza / El Progreso (A Pontenova)
O atraco a un céntrico bar pontenovés, ocorrido na madrugada de onte, demostra que a onda de roubos que afectou o momento principalmente a Ribadeo esténdese tamén ao interior mariñán.
Os ladróns forzaron a porta do Bar Esquina, romperon varios cristais para acceder ao local e levaron o que contiña a máquina comecartos, sen ocasionar máis desfeitas, polo que a xerente do establecemento considera que «sabían ben o que facían porque foron directamente á máquina, non miraron nin revolveron nada»máis .
A dona do bar, que vive xusto encima do local, quedou asombrada polo sixilo dos cacos, xa que non escoitou «nada en absoluto, a pesar de que romperon cristais». Tamén lle chama a atención a ausencia de testemuñas e iso que o suceso tivo lugar «en pleno centro da Pontenova, á beira do consistorio», aínda que ocorreu «entre as dúas e as cinco da madrugada», xa que os propietarios abren o establecemento ás seis da mañá, momento en que se atoparon coas desfeitas que aínda non puideran cuantificar ao peche desta edición.
A dona do establecemento está convencida de que o roubo foi perpetrado «por unha banda, que anda de ruta pola zona» e admite que pouco se pode facer para evitalo, porque non se vai a pór un vixiante por local», aínda que o único que espera é non ter que atoparllos «en persoa polo que poida pasar».
Éste é o segundo atraco que sofre o local, tras un primeiro que tivo lugar «hai xa moitos anos», como sinalou a actual propietaria.
MÁS CASOS
A patronal de comerciantes e industriais da zona, que preside Catalina Lombardero, confirmou onte que o ano pasado, os ladróns roubaron en varios negocios do municipio e incluso nalgunhas igrexas, como na capela de Saldoira e no santuario de San Pedro Fiz, hai case dous meses en ambos os casos, onde fundamentalmente subtraeron o diñeiro de colectas e doazóns.
A onda de roubos remóntase a finais do pasado verán, cando os atracadores levaron varias pertenzas dunha tenda do centro urbano pontenovés, así como material dunha nave de ferros do polígono industrial.

VOLVER A PONTENOVA.ES

2 comentarios:

Anonymous dijo...

Non foi un atraco, que non habia naide que atracar, foi un roubo.
Un Saudo

Chass dijo...

pois tampouco foi un roubo que foi un hurto! non ves que non foi á forza?

Publicar un comentario