miércoles, 19 de enero de 2011

lecer na pontenova


CEDIDAS POR PEPE Concesionario da OPEL DE SANTA A POLONIA.
Espeluznantes que inda que sexan tristes as da nave industrial non deixan de ser unhas fermosas fotos as da crecida do novo cauce do rio o seu paso por A Pontenova, de parte de Pontenova.es, gracias Pepe e lamentamos o dano feito as tuas instalacions. Correspondense con esta ultima crecida do pasado nadal. Picar na foto para ver a galeria de imaxes.

9 comentarios:

Anonymous dijo...

ao mellor o técnico da hidrográfica que decidiu prescindir da antiga ponte non estaba tan tolo...

Anonymous dijo...

Impresionante!!! Moito se falou de se facía falta o encauzamento ou non! E deciase que en 20 anos tampouco pasara tanta cousa, e que o problema eran o puentes que facían balsa!!! Vale mais unha imaxe que mil palabras. Xa o ano pasado medrara o rio 4 veces. O final parece ser que uns calculos feitos por uns técncos que saberán mais ou menos, pero algo saben ó final son mais precisos que uns razonamentos tipo "non creo que...", "antes non facía falta..." ou " en 20 anos solo houbo 2 crecidas". E pa min tamen mellor que as cousas se fagan por exceso que por defecto. Chega a estar chovendo como choveu 3 dias mais (totalmente factible) e sube o rio porriba do muro novo e do muro da calle do rio. Daquela, si os detractores do encauzamento que decían que non facía falta tanto muro dirian que vaia merda de obra, que non tuvo conta da riada. Pero bueno, nunca chove a gusto de todos.

Anonymous dijo...

Que gusto me da leer estas entradas, ver que a xente se da conta do preciso que era isto.

Un saúdo.

Anonymous dijo...

puis nada a seguir facendo muro por que en abres tamen inundou e santirso e zona de mas abaixo da pontenova.entonces igual nun van tan descamiñados os de facer o embalse na ribeira.eso regularia a auga como pasou en caldas de reis que desde q fixeron o embalse xa nun inundan

Anonymous dijo...

Si, e certo os calculos dos técnicos son tan precisos que valen para un manual:

-Dragaron o cauce dende o pozo da ola ata a ponte de formigon duas veces. (Xa volve estar cheo de pedras)
-Fixeron dous estanques na zona de inundación, un deles xa o encheu o rio de lodo na última riada, e van durar moi pouco con auga e sen pedras, e ademais poñenlle pasarela......
-A nova ponte metálica está tan ben feita que en 1º lugar prescindiron de facerlle as probas de esforzo(non sei se eso e moi lóxico), e en 2º lugar ten un movemento transversal descomunal, de tal xeito que só co paso dun vehiculo toda a estructura pibota de forma inquietante.
-Quitaron e puñeron as pedras de reforzo do muro situado no lado da estrada xeral tres veces.
-Construiron unha represa no pozo da ola, e logo de un mes un equipo de "buzos" tivo que abrirlle un paso para os salmóns.(por certo cando o rio vaia baixo ¿non sera o mesmo que non ter represa?).
-Realizaron uns muros de contención moi bos, pero con tantas entradas de auga, que de darse o caso, esta entraría de igual modo as vías máis baixas do pobo.
-Está por ver a capacidade de evacuación de auga que permitira a nova e extraordinaria ponte que subsituirá á de formigón. Sobre todo tendo en conta que vai a ser sensiblemente mais débil a un eventual impacto contra ela.
-Verteron 6 camións de gran tonelaxe de substrato para os xardíns (o igual que os estanques ¿canto vai a durar).
-Colocaron os puntos de iluminación da nova ponte pola parte interior da acera peonil, en lugar de poñelos pola parte exterior da baranda. Deste xeito o tráfico pesado pasaría mais folgado e os peóns terían máis espacio.

Pero bueno, en fin menos mal que fixeron a obra ¿non?

Anonymous dijo...

Ó anonimo de antes:

O que dis solo son suposicións: que si da algo conntra a ponte que vai haber (que ainda non hay) que se caerá, que que van a facer os salmons cando sea vrao, bla, bla.

O da ponte, eu non vin que se mova tanto, e podesme creer que pasei unhas cuantas veces andando. A iluminación pa min está ben, polo menos vese, non como esas lamparuchas que había antes que non se via nada nin ó pe da farola.

E o de San Tirso e Abres, pois si, estou de acordo contigo. Se se inundan por ali, tamen deberiamos nos salir perjudicados. Eu vou apadrinar un habitante de San Tirso e outro de Abres, e cando se inunden, preguntarlles hasta donde os colleu a auga e mollarme eu tamen. Sería o xusto.

Bueno, ahora ó acabar de escribir esto, vou chamar a "Confederación Hidrográfica" para decirlles como teñen que facer o SEU traballo, porque ta comprobado que todos entendemos moito mais ca eles.

Anonymous dijo...

Pois polo que vexo aqui tan unhso como outros entendedes moito. Tanto entende o da ultima entrada como o da penúltima......

xe dijo...

Eu creo que sobran tantos "enxeñeiros" que opinen de datos técnico das obras, o que se se pode criticar é como se podía mellorar esteticamente, pero nunca criticar outros moitos aspectos que soamente os técnico teñen coñecemento deles.
Ademais, seguro que cando se construíu a antiga ponte, pasou o mesmo que agora, uns cantos "entendidos" se chegaron de criticalo por isto ou aquilo.

Anonymous dijo...

Están locos estos romanos...

Un saludo!!

Publicar un comentario