| Nombre: | |
| Correo: | |
| Asunto: | Necesidades da Pontenova |
| Envia un archivo, imagen: | |
| Mensaje: | Antes de exponer a miña percepción sobre o día a día do noso pobo, quero felicitar as persoas que fan que esta páxina sexa un referente para a Pontenova e os seus vecinos. A miña sincera enhoraboa polo traballo que realizades diariamente para dar a coñecer o que aquí sucede ademáis de dotarnos de un medio no que poder expresarnos. Na miña modesta opinión, o debate sobre as obras acometidas na Pontenova nos últimos tempos estase levando o tema político cando a realidade é ben distinta. Estase a manipular a información dunha forma claramente electoralista: que si esto é culpa da Confederación, que esto outro e culpa do Concello ou aquelo e debido o anterior goberno… Parece que o único importante e pasar a pataca quente ó texado de enfrente que veñen ahí as eleccións, non vaia ser que nos estoupe nas mans... Ó final, ahí estamos os veciños especulando sobre o que vai a suceder porque existe una desinformación asombrosa e o peor de todo, sufrindo todos os problemas sin que naide faga nada por solucionalos. O problema non é a mala planificación dunhas obras (aínda que sí é verdade que eso está a costarnos máis euriños a todos), o verdadeiro problema é que as obras que se están a realizar non se adaptan as necesidades reais da Pontenova. Solucionase un problema e causase outro de peor remedio. Era necesario solucionar o problema das inúndacións pero podíase facer sin que eso supuxera a división de ambas márxenes do río é a pérdida de servicios. Era necesario asfaltar a carretera que vai hacia Lorenzana e tamén reconozco que a plaza dos fornos quedou máis bonita que antes, pero que pasa co aparcamento para todos os que vivimos, traballamos, consumimos ou simplemente pasan pola Pontenova?? Queixamonos de que A Pontenova se está apagando, que a xente nova marcha a outros pobos ou ciudades porque aquí non hai traballo, pero de momento o polígono sigue paralizado… E decir, a realidade da Pontenova e que a pesar de que está máis bonita (cuestión de gustos! ) os problemas dos seus veciños, da xente que traballa e move a economía local, cada vez son maiores e o que se está a facer non os soluciona. ¿Non nos estaremos equivocando? |
sábado, 19 de febrero de 2011
Suxerencias, contacta: Necesidades da Pontenova
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
2 comentarios:
Pero,¿a decisión de solicitar, planificar, proxectar, licitar, invertir os euros nas obras do río non é un tema político?
En cuestións de gustos, A Pontenova cambiou, pero para mal, para muy mal.
E certo que nos estamos equivocando. E tanto que nos estamos equivocando. Con ver a pasarela, xa tes un exemplo para comprobar os resultados. Moi mal debe andar a ingeniería para non poder proyectar un puente con circulación nos dous sentidos. Pero se é imposible, pois nada, o que digan os enxeñeiros. Que non se poden facer pontes, que o único cientificamente posible e esta pasarela. E todos contentos, pero equivocados.
Tan política e a solicitud a confederación hidrográfica, en maos do PSOE do goberno central, e a decisión de canalizar o río como tan política e a decisión de arreglar a carretera nacional desde a Veiga hasta a Pontenova e pola Pontenova,cousa do Ministerio de Fomento, en maos do PSOE do goberno central.
Tes razon. Os problemas da xente da Pontenova, non solo da que move a economia local, están todos sen solucionar.
Acertado el anterior comentario.
Este no era el único proyecto que había para eligir. La ingeniería seducida proyecta lo que se le pida por encargo. A estos chicos de A Pontenova se lo pusieron muy fácil, como se las ponían a Fernado VII.
Publicar un comentario